viernes, 13 de febrero de 2009

Alde hemendik donurik (que se vaian Todos)

Bueeeno, pois despóis dunhos días de obrigada ausencia, aquí che estamos outra vez para darlle caña ó Invento.E ísta vez para falar das Eleccións ó Parlamento de Galicia (qué barbaridad, xa pasaron catro anos!).

Pooois... qué queredes que vos diga: por mín coma se marchan todos para casa e non volven. Unha vez máis, demóstrase de feito máis que fehaciente que políticos, os homes (dicen as mulleres) e os informáticos sonche todos iguais. Despois de catro anos de travesía bipartita, con profundo dor de corazón, teño que decir que a experiencia coma persoa, coma votante e coma profesional pola miña relación co goberno deste país, non pode ser máis decepcionante. Pasamos dunha autocracia post-franquista caciquil-acarrea-votos co Sr. Fraga Iribarne a un goberno de "tun, tun, tun que eu non fun", onde non hai un goberno, senon dous, e donde, e me consta que foi así, se perderon TRES ANOS auditando e investigando os dezaséis anos anteriores de goberno popular a ver por ónde lle podían bota-lo dente non só a Fraga senon os anteriores mandamases do PP, de Xefe de Negociado para arriba.
Unha Administración onde os principios de igualdade, mérito e capacidade brilaron pola súa ausencia, donde se marxinou a técnicos e profesionais que estaban a desempeñar unha boa laboura só polo feito de "non ser dos nosos". Unha Administración autista non só de portas cara afora, senon tamén de portas para adentro, onde os Departamentos dirixidos polo PSOE carecen de relacións e coordenación cos do BNG, onde mover un papel ou cobrar unha factura por traballos feitos á Xunta é un delirio e un exercicio de Infinita Paciencia.
Un Presidente da Xunta máis preocupado de non desagradar a Madrid (léase Pepiño Blanco) que de Gobernar con maiúsculas, onde os retrasos nas infraestructuras se acumulan tanto o máis que na era Fraga (e iso que os Gobernos de Madrid entón eran "Gobernos Amigos", Joder, menos mal...), e donde o pouco bó feito da era Fraga triturouse e botouse abaixo (sanidade, educación, etc., etc.).
Pero o peor de todo é que o que hai enfrente non mellora o presente... coma un espello da política nacional, (cun inquilino da Moncloa que só sabe sorrir e que aprendeu economía en "Dos Tardes" e un líder da oposición abúlico e incapaz), na política galega tres cuartas do mesmo. Un líder opositor que no transmite, que ten menos carisma que un gato de xis, e que debe pensar "maldito o día que deixei a Dirección Xeral de Correos", e cun cartel electoral ó seu derredor pringado de sospeitas de corrupción nas catro provincias galegas.
Menudo panorama... pero o que non podemos facer é ficar na casa e non ir a votar: por eso, participade, ler os programas electoraís dos partidos que se presentan e decidir o que facer co voso voto en conciencia e elexide ó que os pareza o mellor ou o menos malo.
Pola miña banda, coma decía Patxi o vasco, "alde hemendik Donurik" (que se vaian Todos).
E por suposto, non podía faltar unha visión humorística dos candidatos...